Saltar ao contido

Patrick Beverley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatrick Beverley

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Arkansas (pt) Traducir
John Marshall Metropolitan High School (en) Traducir
Waubonsie Valley High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Rio Grande Valley Vipers
Los Angeles Clippers
BC Spartak Saint Petersburg
BC Dnipro
Olympiacos BC
Houston Rockets
2006–2008 Arkansas Razorbacks men's basketball
2021– Memphis Grizzlies
2021– Minnesota Timberwolves
Premios

Twitter: patbev21 Instagram: patbev21 Editar o valor en Wikidata

Patrick Beverley, nado o 12 de xullo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2009, Beverley foi seleccionado na 42ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Los Angeles Lakers. O día seguinte, os seus dereitos do Draft foron traspasados ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.[1]

O 7 de xaneiro de 2013, Beverley asinou un contrato de varios anos cos Houston Rockets, e foi inmediatamente asignado ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[2] Fixo o seu debut na NBA o 15 de xaneiro de 2013, na derrota dos Rockets por 117-109 contra os Los Angeles Clippers.[3]

O 28 de xuño de 2017, Beverley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Sam Dekker, Montrezl Harrell, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul.[4] O 12 de xullo de 2019, Beverley acordou cos Clippers un novo contrato por tres anos.[5]

O 16 de agosto de 2021, Beverley foi traspasado xunto a Daniel Oturu e Rajon Rondo ós Memphis Grizzlies a cambio de Eric Bledsoe.[6] Nove días máis tarde, os Grizzlies traspasaron a Beverley ós Minnesota Timberwolves a cambio de Jarrett Culver e Juancho Hernangómez.[7]

O 6 de xullo de 2022, Beverley foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Malik Beasley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[8] O 25 de agosto de 2022, foi traspasado de novo sen chegar a debutar cos Jazz, desta vez ós Los Angeles Lakers, a cambio de Stanley Johnson e Talen Horton-Tucker.[9] O 18 de outubro de 2022, Beverley debutou cos Lakers, facendo tres puntos na derrota por 123–109 contra os Golden State Warriors.[10]

  1. "HEAT Acquire Draft Rights to Patrick Beverley". NBA.com. 26 de xuño de 2009. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  2. "Rockets Sign Beverley". NBA.com. 7 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de xaneiro de 2013. 
  3. "Notebook: Clippers 117, Rockets 109". NBA.com. 15 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  4. "Press Release: L.A. Clippers Acquire Seven Players and Draft Pick, Including Beverley, Dekker, Harrell and Williams". NBA.com. 28 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  5. "L.A. Clippers Re-Sign Guard Patrick Beverley". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  6. "Grizzlies acquire Patrick Beverley, Rajon Rondo and Daniel Oturu from Clippers". NBA.com. 16 de agosto de 2021. 
  7. "Minnesota Timberwolves acquire Patrick Beverley". NBA.com. 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  8. "Minnesota Timberwolves Acquire Center Rudy Gobert from Utah Jazz". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 
  9. "Lakers Acquire Patrick Beverley". NBA.com. 25 de agosto de 2022. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  10. Villas, Rexwell (October 18, 2022). "‘He’s been HORRIBLE’: Kendrick Perkins lays into Patrick Beverley over bust of a Lakers debut". ClutchPoints. Consultado o 18 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]